Xeneme_Adaptaciones_Mesa de trabajo 1 copia 64-82.png

QUERO ALGO COMO ISO

Queres algo como iso? Pincha aquí e explicámoscho

Moitas veces pídennos replicar proxectos que facemos noutros lugares e facelos posibles na contorna. Collemos o noso Knowhow e revisamos o concepto co-deseñándoo contigo e adaptándoo á túa realidade.

 

  • Queres algo sobre innovación e creatividade con Design Thinking?

Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Conseguir que a cidadanía teña as ferramentas para innovar e crear desde as metodoloxías que aplicamos XENEME. Con moitos post-its!!!

 

  • Queres un proxecto coa nosa forma de xestionar comunidades?

Queres participación social. Xestionamos comunidades de xente, comunidades culturais, comunidades de aprendizaxe.... Físicas e/ou virtuais. Coas novas metodoloxías de comunicación e marketing. Iniciamos e xestionamos estes procesos.

 

  • Queres que xestionemos equipamentos socioculturais como facemos en outros lugares?

Facemos a xestión de equipamentos (fisicos e/ou virtuais) socioculturais e xuvenís. Con innovación social e cidadá. Desde a participación comunitaria até a xestión do día a día dos espazos. Imos máis alá do concepto sociocultural.

 

Se queres replicar un proxecto concreto dos que temos na sección PROXECTOS da web, pincha no botón de FALAMOS? e contacta con nós.