Marcos Rodríguez Montes

Socio de Xeneme, desenvolvo a miña actividade como xestor cultural, productor audiovisual e de eventos e responsable da área de marketing e comunicación.
 
Tamén son formador e consultor da experiencia de usuario de  proxectos e servizos sociais, educativos e culturais.
  • Twitter
  • LinkedIn

Nado en 1993, son experto en xestión cultural e análise de políticas culturais pola USC e productor audiovisual e de eventos polo IES Audiovisual de Vigo.

Con formación complementaria en metodoloxías áxiles, comunicación e novos medios, neuromarketing, management musical, rendemento grupal e un largo etc...

En Xeneme estamos continuamente aprendendo novas cousas, lendo libros, revisando artigos de webs, acudindo a cursos e formándonos. Sempre "fozando" coa tecnoloxía, innovación e con softwares e app's para estar á última.

Fun durante 8 anos fundador e guitarrista da banda pontevedresa Vörtex, a parte de levar as labores de management e comunicación. Con 2 discos editados e tendo xirado por salas e festivais de toda a península, demos o noso derradeiro concerto no Resurrection Fest 2018.

O metal e a música extrema sempre estarán ao meu carón.

Contact

I'm always looking for new and exciting opportunities. Let's connect.

123-456-7890