top of page
Traballo en proxectos de inovación social e organizcional desde 1998. Son socio-fundador de Xeneme.
Acompaño, facilitito, fago mediación, formación, mentoring, consultoría... un todo terreno para axudarche a organizar a túa iniciativa, innovar en procesos e aplicar metodoloxías prácticas para que o teu proxecto avance.
Son Diego Parajó , profesional da xestión cultural e da innovación social cunha traxectoria continuada desde finais dos anos noventa no deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos públicos e comunitarios en Galicia.
Ao longo de máis de dúas décadas, fun construíndo un perfil centrado na intersección entre cultura, políticas públicas e participación cidadá, especializado en metodoloxías de innovación, facilitación de procesos e desenvolvemento estratéxico.
Desde 2008 dirixo o Local de Música de Pontevedra, un equipamento sociocultural orientado á práctica musical e á dinamización comunitaria.
En paralelo, desenvolvo a miña actividade como consultor e facilitador para administracións públicas, entidades culturais e organizacións do ámbito social, acompañando procesos de planificación estratéxica, programas de innovación, diagnósticos participativos e deseño de políticas públicas.
Ao longo da miña traxectoria participei na coordinación e impulso de proxectos vinculados a residencias artísticas, cultura dixital, igualdade, emprendemento e desenvolvemento comunitario.
Tamén traballo como mentor e formador en diferentes programas institucionais e redes profesionais, colaborando con entidades como a Xunta de Galicia, universidades, concellos e organizacións do ámbito cooperativo.
Son docente no Curso de Experto en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela desde 2015, contribuíndo á formación de profesionais do sector cultural.
A miña práctica profesional baséase nunha aproximación aplicada, combinando pensamento estratéxico e capacidade operativa, cunha orientación clara á xeración de impacto e á coherencia entre o que se deseña e o que realmente se executa.
Na actualidade, combino a dirección de proxectos coa actividade de mentoring e consultoría estratéxica, cunha liña de traballo centrada na relación entre cultura, innovación e desenvolvemento territorial.
Formación académica-
Diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela.
-
Curso Superior en Xestión de Empresas e Organizacións Culturais pola Universidad Complutense de Madrid.
-
Máster en Xestión e Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especialización e formación complementaria-
Coaching & Mentoring e excelencia persoal.
-
Dirección empresarial e liderado de equipos.
-
Xestión de proxectos (CAPM – PMI).
-
Creative Problem Solving e innovación aplicada.
-
Transformación dixital para pemes e xestión cultural.
-
Sostibilidade, ODS e criterios ASG.
-
Privacidade e xestión da información.
Experiencia profesional-
Socio-xerente de XENEME Innovación Social, desde 1998, desenvolvendo proxectos para administracións públicas nos ámbitos social, educativo e cultural.
-
Director do equipamento cultural municipal Local de Música de Pontevedra desde 2008.
-
Facilitador de equipos, procesos creativos e innovación organizativa mediante metodoloxías de Design Thinking e enfoques áxiles desde 2014.
Experiencia docente-
Docente e titor do Curso de Experto Universitario en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela desde 2015.
-
Docente colaborador no proxecto HEI4Future da Universidade de Vigo (2022–2024).
-
Docente colaborador no proxecto ACES4Future sobre innovación e novos modelos de mobilidade da Universidade de Vigo (2023–2024).
-
Think wall
bottom of page
