top of page

CREATIVIDADE
INNOVACIÓN
TECNOLOXÍA
SOCIAL

Deseñamos
proxectos personalizados e adaptados ás caraterísticas e necesidades das comunidades e organizacións

Deseñamos experiencias educativas innovadoras, transformadoras e participativas

Xeramos  experiencias educativas que fomentan unha cidadanía crítica, inspirada por narrativas alternativas e enfoques participativos. Usamos modelos de aprendizaxe baseada en proxectos e gamificación, activando procesos creativos que empoderan ás  persoas participantes. 

 

Exploramos novas formas de aprendizaxe que combinan o educativo co político e o cultural, integrando diferentes disciplinas para xerar coñecemento situado e útil para as persoas.

Mediamos para axudar ás organizacións na busca dás oportunidades de futuro dous seus proxectos

Facilitamos as reflexións estratéxicas en organizacións e equipos para descubrir novas oportunidades de transformación. Con ferramentas de VISUAL THINKING, promovemos a co-creación e o desenvolvemento de solucións que responden as demandas culturais e sociais contemporáneas. 

Este enfoque permite ás organizacións mellorar a súa estratexia, sempre coa vista posta no impacto social e as oportunidades de mellora

Facilitamos a exploración creativa sobre novos servizos e solucións

Exploramos as interseccións entre disciplinas para facilitar a creación de solucións innovadoras. A través de procesos creativos, axudamos ás organizacións para desenvolver servizos que sorprenden e responden as necesidades sociais actuais. 


Utilizamos metodoloxías áxiles, acompañadas da tecnoloxía como ferramenta de innovación, para prototipar e validar solucións dinámicas, accesibles e cun impacto tanxible na sociedade.

Formamos e capacitamos nas habilidades, competencias, metodoloxías e ferramentas do S.XXI

Ofrecemos formación avanzada que combina habilidades dixitais e competencias sociais, necesarias para o século XXI. Baseámonos na participación crítica e o uso de tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial, sempre desde unha perspectiva centrada no beneficio das persoas. 

Capacitamos aos participantes en metodoloxías áxiles  e ferramentas dixitais garantindo a xestión eficiente de proxectos e a adaptación a unha contorna social e laboral en constante cambio.
 

bottom of page