Respondemos ás túas demandas de solucións para a cidadanía con proxectos frescos e innovadores.
Innovación e creatividade con Design Thinking
Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Conseguir que a cidadanía teña as ferramentas para innovar e crear desde as metodoloxías que aplicamos XENEME.
Xestion de comunidades transmedia
Xestionamos comunidades de xente, comunidades culturais, comunidades de aprendizaxe... Físicas e/ou virtuais. Coas novas metodoloxías de comunicación e marketing. Iniciamos e xestionamos estos procesos.
Xestión de proxectos innovadora
Encargámonos de xestionar calquera tipo de proxecto social, educativo ou cultural. Hibridando disciplinas. Con creatividade. Con innovación. Con tecnoloxía. Desde o (co)deseño do proxecto até a execución do mesmo.
Novas metodoloxías de xestión de equipamentos
Facemos a xestión de equipamentos (fisicos e/ou virtuais) socioculturais e xuvenís. Con innovación social e cidadá. Desde a participación comunitaria até a xestión do día a día dos espazos. Imos máis alá do concepto sociocultural.
Formación en temas dixitais
Temos unha formación especial para instalarlle á xente analóxica un "kit dixital co que poñerse ao día. XENEME pode axudarte na transformación dixital.
No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme. Se queres saber máis ou contactar con nós, pincha no botón de Falamos?