Respondemos ás túas demandas de solucións para a cidadanía con proxectos frescos e innovadores.
Aprender facendo
As formacións que impartimos Xeneme están basadas no learn by doing, onde a UX (experiencia de usuario) é o principal para que a cidadanía aproveite a formación de forma útil.
Innovación e creatividade con Design Thinking
Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Conseguir que a cidadanía teña as ferramentas para innovar e crear desde as metodoloxías que aplicamos XENEME. Con moitos post-its!!!
Formación en temas dixitais
Temos unha formación especial para instalarlle á xente analóxica un "KIT DIXITAL" co que poñerse ao día. Xeneme pode axudarte na transformación dixital.
Music Labs: Formacións tecnolóxico musicais
Organizamos "cacharreos" útiles e divertidos que misturan a creación musical coa tecnoloxía. Fozar con trebellos, que a xente innove, probe, experimente e consiga resultados desde o minuto 1.
No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme. Se queres saber máis ou contactar con nós, pincha no botón de Falamos?