Respondemos ás demandas de formación da túa organización ou equipo. Formamos e capacitamos nas habilidades, competencias, metodoloxías e ferramentas do S.XXI.
Deseñamos experiencias educativas innovadoras, transformadoras e participativas.
Aprender facendo
As formacións que impartimos Xeneme están basadas no learn by doing, onde a UX (experiencia de usuario) é o principal para que o teu equipo aproveite a formación de forma útil.
Innovación e creatividade con Design Thinking
Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Conseguir que os equipos teñan as ferramentas para innovar e crear desde as metodoloxías que aplicamos XENEME. Con moitos post-its!
Formación en temas dixitais
Temos unha formación especial para instalarlle aos equipos analóxicos un "KIT DIXITAL" co que poñerse ao día. Xeneme pode axudarte na transformación dixital.
Metodoloxías áxiles
Formación orientada á mellora da productividade, da toma de decisións e as metodoloxías de traballo para elo. Xestión eficiente do fluxo de traballo, estratexias de planificación operativa, ferramentas dixitais, xestión de (multi)proxectos, e metodoloxías como kanban e scrum.
No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme.