top of page

Cabos Soltos

Cabos Soltos é un programa para visibilizar a cultura de base de Pontevedra. Ideado para continuar a aposta na creación emerxente, básica para manter unha política local de apoio á economía creativa.


Desde XENEME deseñamos e xestionamos a arquitectura web que soporta a base de datos de artistas, conectándoos cos proxecto do Local de música. Deste xeito optimizamos recursos municipais e incrementamos as sinerxías entre proxectos, servizos e axentes implicados.



Dar un impulso á escena creativa emerxente de Pontevedra e activar as salas de concertos e locais de hostalería para que, ademais do servizo para o que están autorizados, apoien a creación cultural. É o obxectivo co que nace o programa municipal Cabos Soltos.


Pontevedra, que nos últimos anos estimulou a creación dunha escena creativa propia a través de iniciativas como o Local de Música, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, os 15 Bolos ou o Galegote Rock, dá un paso máis no seu apoio á cultura de base.


Os grandes eventos contribúen, sen dúbida, á difusión cultural a través de diferentes formatos, pero o Concello entende que o apoio a estes programas debe complementarse garantindo que pequenas salas e locais poidan seguir programando.


Moitos destes establecementos levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato ou difundindo creacións de artistas plásticos, escénicos ou poetas, sendo unha plataforma imprescindible para esta cultura de base.


A nova lei de espectáculos públicos de Galicia poñía francamente difícil que un pequeno local puidese programar concertos ou organizar calquera tipo de evento cultural. Para evitalo, o Concello, a través de Cabos Soltos, convértese nunha especie de "coorganizador" de toda esta programación, permitindo a continuidade desta aposta pola cultura emerxente.

(fonte: pontevedraviva.com)



#musica #pontevedra #escenacreativa #cabossoltos #pontevedraferve #rede


Para saber máis, Especial CABOS SOLTOS

https://pontevedraviva.com/especial/cabos-soltos-pontevedra/


 

Este proxecto realizouse en rede con:

Era Comuicación, Sala Karma,

bottom of page