top of page

CACHARAGE AGAINST THE MACHINE 2026

  • hace 11 horas
  • 3 Min. de lectura

Cacharage Against the Machine é un proxecto de experimentación sonora e creación dixital contemporánea que opera na intersección entre media art, arte sonora e práctica performativa tecnolóxica.


Artéllase como unha xornada que integra live acts de creación electrónica en tempo real xunto a espazos de escoita, experimentación colectiva, demostracións técnicas e conversas arredor dos sintetizadores, do hardware e dos procesos creativos que se constrúen en directo.


Durante o día convivirán prácticas de escoita profunda, improvisación compartida e apertura de procesos. As artistas mostrarán como constrúen os seus sets, como toman decisións en tempo real, como organizan o son e como dialogan co erro, coa improvisación e coa máquina. Haberá tempo para observar de preto, preguntar e aprender desde dentro.



Cacharage Against The Machine 2026
Cacharage Against The Machine 2026

FUNDAMENTACIÓN: O son como resistencia


Nacido en 2024 na Escola Unitaria e impulsado por XENEME, CATM evoluciona este ano cara a unha microestrutura cultural centrada na tecnoloxía interpretada e na mediación. O reto para 2026 é dar un paso adiante na expansión contextual, abrindo un diálogo necesario entre a práctica independente e o contexto.


O proxecto entende a tecnoloxía como unha interface sensible entre o corpo e o código, situándose nunha tradición que entende o son como materia espacial e relacional. Esta edición dialoga directamente coa herdanza da arte sonora expandida —desde o deep listening de Pauline Oliveros ata as arquitecturas de Ryoji Ikeda— e resoa co fito que supuxo Lost in Sound (CGAC, 1999) para a electrónica en Galicia.


O marco conceptual do proxecto articúlase arredor de catro tensións fundamentais da media art contemporánea:


  • Analóxico / Dixital: Exploración da hibridación de sinais e fluxos de traballo.


  • Natural / Sintético: Diálogo entre a paisaxe sonora orgánica e a síntese artificial.


  • Automatización / Interpretación: A posta en valor da performatividade da máquina "tocada" en vivo fronte á secuencia ríxida.


  • Dispositivo pechado / Sistema aberto: Fomento de metodoloxías DIY e open source que permiten a intervención directa do usuario no instrumento.


Desde a nosa perspectiva, a tecnoloxía non se presenta como unha ferramenta neutra de reprodución, senón como unha interface sensible entre o corpo, o código e a contorna.



O que CATM é, e o que non é.


Cacharage Against The Machine non é un festival nin unha actividade divulgativa tradicional; é un laboratorio aberto onde a experimentación se converte en metodoloxía de participación.


Cacharage Against the Machine non é un festival nin un curso ao uso. É un espazo de encontro para persoas con curiosidade polo son, polos cacharros e polo que sucede cando se baixa o ritmo e se comparte aquilo que normalmente permanece oculto. Sen xerarquías, sen présa e cunha idea clara: desfrutar aprendendo.


Cacharage Against the Machine é unha declaración: un chamamento a conectar, experimentar e crear xuntas desde a liberdade e a curiosidade.


Por un día, Unitaria convértese nun laboratorio aberto onde a electrónica se pensa, se escoita e se constrúe en colectivo.



PROGRAMA

O programa de 2026 distribúese en tres espazos da cidade, combinando formación, escoita e encontro social:


📍 ESPAZO X (cafetería do CGAC) | 13:00 – De balde

  • Baño de Sintes con FI0 (Fonsi): Unha experiencia de inmersión mediante un sistema modular interpretado en directo. A acción busca transformar o espazo nun contexto de percepción a través de ritmos ambient.


📍 ESCOLA UNITARIA | 16:00 – Taquilla Inversa

  • 16:00 | Presentación: Juait x CRNDS presentan o LINDISFARNE SAMPLE PACK_1, unha biblioteca de samples ligada á nosa cultura para a creación musical contemporánea.


  • 16:30 | Jam de Sintes: Improvisación colectiva en directo aberta: Sincronía, erro e negociación en tempo real .


  • 18:00 | Faladoiro: Paula Pin falará sobre Meigallos e barullos non binarios, explorando unha Galicia Cuir onde a identidade, maxia e tecnoloxía se entrelazan. Corpo, transfeminismo e biotecnoloxía DIY como prácticas de experimentación e resistencia.


  • 18:45 | Conexións: Espazo de encontro e diálogo entre comunidades de creación sonora e cultura electrónica (Purveyance Records, Vértebra, LDM Synths Community, CATM).


  • 19:15 | TALK + Live Sets: Directos e presentacións de artistas (Antoxo, Vértebra Clube e Insire Nome)


📍 SOSA BAR | +21:00

  • Afterparty: O peche da xornada con sesións en vivo de Soul Lazh e Slit Observes ademáis de DJ Pobre, Mahía, Jack Your Trip, Noise Scientist e Mou.




Este proxecto faise en rede con:

  • Escola Unitaria

  • Espazo X - Cafetería do CGAC

  • OXI Instruments

  • SOSA BAR


 
 
bottom of page