top of page

Campamento Music Lab

Dentro das actividades de Ponteverán 19 do Concello de Pontevedra fixemos este campamento music lab para rapazada no Local de música.


Foi un cacharreo tecnolóxico-musical que fixemos coa rapazada. Apps, Djing, videomapping, música electrónica, "orquesta" tecnolóxica... como previa do Music Lab que fixemos no Pont Up Store 19.



O outro 'hit' do verán O obradoiro de música electrónica de Ponteverán pecha as súas portas coa creación dunha canción e un videomapping. O conxunto de mozos e mozas de entre 13 e 16 anos que participaron no campamento music-lab puxeron fin a esta experiencia por todo o alto: coa creación dunha composición musical propia. Utilizando programas de ordenador e móbil e, a partir dunhas bases rítimicas creadas dende unha aplicación, foron engadindo elementos e instrumentos ata conseguir a canción que eles tiñan en mente. Como colofón a este proxecto, fixeron un muro onde proxectaron un videomapping mentres tocaban a súa composición. Sen embargo, Diego Parajó, director do Local de Música, afirmou que "o máis importante de todo isto non é tanto o resultado final senón o proceso de convivencia intensa que viviron estes 16 nenos". Ao longo destes días, "os cativos traballaron a base de retos", asegurou o mesmo. Unha das propostas foi a creación dun concepto de mapa sonoro de Pontevedra. Os rapaces responderon á mesma con ideas como unha aplicación para visitar Pontevedra en clave dunha persoa cega,puidendo disfrutar dos sons patrimoniais máis característicos, ou a creación dun itinerario sonoro en realidade aumentada baseado no videoxogo Pokemon Go. Durante estas xornadas revisaron un conxunto de entre 15 e 20 aplicacións relacionadas co mercado musical e foron analizando cales lles gustaban máis e cales menos. Tamén se introduciron un pouco nas prácticas de DJ. O resultado desta actividade foi moi positivo. "Amósanche un pouco o mundo da música máis contemporáneo e ensináronnos que calquera pode meterse e disfrutar dela", asegurou Manuel, un dos cativos que formou parte do campamento. Segundo Alberto Oubiña, concelleiro de Xuventude, "é unha maneira de que se visualicen instalacións como esta e que nun futuro, se lles interesa a música, saiban que poden contar con elas".

 




bottom of page