top of page

CERCEDA | Como relanzar un servizo municipal de igualdade.

XENEME iniciamos co Concello de Cerceda un proceso de traballo de transformación e mellora das accións municipais en torno a igualdade e a prevención da violencia de xénero.


O obxectivo principal foi a identificación de problemas sobre o sistema de traballo municipal, abordar a análise da realidade e valorar diversas solucións, redefinir as liñas de accións e configurar unha proposta operativa para relanzar as actividades da Concellaría de Igualdade.

O desafío foi iniciar un proceso de innovación coa equipa de traballo social dun concello rural co obxectivo de converter a Concellaría de Igualdade de Cerceda nun espazo de información, aprendizaxe, reflexión, de encontro e de referencia na prevención da violencia de xénero.


Arrincamos coa dinamización unhas xornadas de traballo co equipo técnico municipal para facer unha diagnose de situación e abordar unha estratexia de creación-captación de públicos. O rural galego ten o hándicap de ter moitos micronúcleos de poboación nunha grande extensión, o que dificulta os procesos de participación e encontro.



A decisión das xornadas foi activar accións na capa dixital e cun enfoque dirixido á xente moza. Traballar a prevención da violencia de xénero desde unha perspectiva de procesos creativos nas novas tecnoloxías onde a mocidade teña un papel protagonista.

  • A creación dunha web propia da concellaría foi o primeiro paso, unha plataforma que responda ás necesidades de información da cidadanía e sexa unha referencia na prevención da violencia de xénero.

  • Redactamos unha guía de prevención da violencia de xénero enfocada na mocidade, na relación coa tecnoloxía e nos novos modos de control. Unha reflexión e revisión dos problemas, posibles solucións ou formas de afrontalos e modos de prevención dos novos tipos de violencias machistas no eido dixital.

A modo de unidade didáctica, esta guía pretende ser un punto de información para a mocidade e abrir un proceso de reflexión sobre os novos conceptos de relacións persoais, o amor, o papel das redes sociais e a tecnoloxía na xente moza.


Consulta a guía para a prevención da violencia de xénero na mocidade aquí:


  • Lanzamos tamén un desafío creativo nos colexios e deseñamos dúas propostas de intervención directa coas familias e coa mocidade.



A consolidación dun proceso de traballo coa comunidade require dun grande esforzo para conformar as redes de colaboración e apoio. Que as Administracións Locais asuman este desafío de innovación social é fundamental para avanzar cara modelos democráticos máis avanzados e que poñan efectivamente ás persoas no centro da acción municipal.

 

 

Proxecto en rede con: Concellaría de Igualdade do Concello de Cerceda 7h Coop

 

Co financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Commentaires


bottom of page