top of page

COMO INNOVAR?

Para facilitar a adaptación ao mercado e ás estratexias que debe seguir a organización para adaptarse aos cambios, é preciso dispoñer dun sistema de "xestión do cambio" ou un modelo de innovación. Pero en ocasións non sabemos como poñer en marcha este proceso. En Xeneme podemos axudarte a analizar o teu modelo de negocio para achegar as ferramentas que poden servir para promover procesos de transformación e evolución nos equipos, organizacións, metodoloxías e sistemas de traballo.



  • Queres unha sesión sobre innovación e creatividade con Design Thinking

Somos expertos en Design Thinking, que usamos como modelo vehicular en moitas das nosas formacións. Con esta e outras metodoloxías, podemos deseñar sesións que activen a creatividade no teu equipo e disparen as propostas de mellora e innovación.


  • O teu proxecto ou equipo non innova?

Deseñamos sesións de innovación e creatividade a medida para organizacións que buscan solucións alternativas para os seus procesos, productos ou servizos mediante metodoloxías creativas. #DesignThinking.


  • Queres aprender a innovar?

Dinamizamos sesións de formación e aprendizaxe cooperativo en procesos de innovación nos equipos. Coa premisa do #learnbydoing conseguimos poder traballar as propias metodoloxías mentres aprendemos a incorporala nos nosos procesos de traballo internos.


  • Precisas de alguén que dinamice grupos ou unha sesión de innovación?

Xeneme temos unha longa experiencia como dinamizadores de grupos e faciltadores de procesos de innovación para organizacións, eventos ou equipos que están en proceso de mellora e transformación e queren identificar as solucións correctas.




No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme.




bottom of page