top of page

CON_VERSAS da mocidade


Con_versa é unha quedada de xente moza no Local de música onde se tratarán algúns dos temas que afectan á xeración z. Non é nin un debate nin un congreso, é unha con_versa. O venres 4 de xuño emitiuse en directo desde diferentes canles do Local de música.

Con_versa nace no eido das prácticas laborais de Clara Redondo, alumna do Curso de experto en Xestión Cultural da USC, onde xunto co resto da equipa do Local se detecta a necesidade de dar voz a algúns dos problemas cos que se atopa a xeración z. Esta quedada será presencial e de acceso privado, pero serán retransmitidas as conversas en diferentes canles do Local ao mesmo tempo, para que poidades navegar pola que máis vos interese.


🟥 Con_versa foi en tres canles e temas diferentes: ◼️18h - En Instagram - "Corpos en RRSS" con @_____naiara, @bold__g , @____99toy, @tonicacas e @clararedondo1. ◼️18h - En Youtube - "Relacións e xéneros" con @iarnaldhu, @neeumatiko, @serapo05, @nico_elsker, @para_bellum_24. ◼️18h - En Twitch - "Saúde mental" con @laaurafeerreira, @robertocasalof, @pablo_ni_10 e @marcosrodmon. ◼️E ás 20h en Twitch conversa aberta sobre Cultura con @gustavoreyabalo, @pablocorbillon, @marcosrodmon, @clararedondo1, @iarnaldhu e máis.


Fotos de Paloma García


Esta quedada foi presencial e de acceso privado, pero foron retransmitidas as conversas en diferentes canles do Local ao mesmo tempo, para que se puidera navegar pola que máis interesase.






 

Para saber máis do CON_VERSA e da xestión do Local que facemos XENEME:


bottom of page