• Xeneme

Coruña Dixital. Expandindo novas prácticas culturais e creativas.



Coruña Dixital é un programa promovido pola área de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, co fin de expandir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais.


Busca facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sustentábel de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, ben sexan iniciativas creativas, culturais, sociais ou profesionais.


Baixo estas premisas, o sitio web corunadixital.gal nace para informar das actividades do programa e para dar visibilidade aos colectivos, espazos, e eventos da cidade onde inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital.




Xeneme e Bencuriosa unímonos de novo para crear unha alianza empresarial e poder desenvolver este proxecto, referencial e innovador.


O programa Coruña Dixital, impulsado desde a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, inicia unha nova etapa, coordinado e comisariado polo compañeiro Sergio Lago (Bencuriosa).

Desde a perspectiva da cooperación empresarial, trátase dunha nova colaboración con Xeneme Proxectos Sociais, dirixida por Diego Parajó, con quen xa temos compartido experiencias de traballo desde Bencuriosa, tanto no CEU en Xestión Cultural como noutras iniciativas formativas ou relacionadas coa innovación social.

Dentro do equipo que desenvolverá o programa, contamos tamén con profesionais de referencia no eido dixital como María Yáñez e Ana López.

http://bencuriosa.gal/blog/o-programa-coruna-dixital-inicia-a-sua-terceira-edicion-cunha-sede-para-as-suas-actividades-e-a-posta-en-marcha-do-laic/





Para coñecer o proxecto visita https://corunadixital.gal/



#xestioncultural #culturadixital #innovaciónsocial

Este proxecto desenvolveuse en rede con Bencuriosa

Desde 1998. @xenemeps

  • LinkedIn - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • Twitter - Black Circle

626319538

info[arroba]xeneme.com