- Xeneme
Curso de Expert* Universitario en Xestión cultural
Actualizado: 29 de abr de 2019
APRENDER FACENDO, APRENDER COMPARTINDO
Unha oferta formativa para a práctica profesional
O Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural baséase no cambio de modelo que está a experimentar o espazo cultural europeo, e que se traduce na obriga dunha maior diversificación de ingresos para viabilizar os proxectos e as entidades culturais, nunha maior énfase no traballo cooperativo, na incorporación ineludible das novas tecnoloxías e nunha maior implicación cos públicos das actividades culturais.
Esta iniciativa de formación, referencial en Galicia, ven da man da empresa Ben Curiosa, formada por Sergio Lago e Marcos Lorenzo. Esta é unha das múltiples colaboracións que facemos con eles.
XENEME colabora na docencia nas áreas de creatividade e deseño centrado nas persoas, da man de Diego Parajó. Nos seguintes enlaces podes ver os resumos das sesións nas que participamos desde 2015.
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2018
Técnicas de creatividade. O deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2017
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Diego Parajó. 2016
Técnicas e ferramentas para o deseño colaborativo de proxectos. Pensar co corpo. Diego Parajó 2015
Diego Parajó, Beatriz Fontán e a participación dos públicos 2015
#xestioncultural #aprenderfacendo #rede #creatividade #formación #designthinking
Este proxecto desenvólvese en rede con http://bencuriosa.gal/