APRENDER FACENDO, APRENDER COMPARTINDO
Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, unha oferta formativa para a práctica profesional.
O Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural baséase no cambio de modelo que está a experimentar o espazo cultural europeo, e que se traduce na obriga dunha maior diversificación de ingresos para viabilizar os proxectos e as entidades culturais, nunha maior énfase no traballo cooperativo, na incorporación ineludible das novas tecnoloxías e nunha maior implicación cos públicos das actividades culturais.
Esta iniciativa de formación, referencial en Galicia, ven da man da empresa Ben Curiosa, formada por Sergio Lago e Ruth Sousa. Esta é unha das múltiples colaboracións que facemos con esta fantástica equipa.
XENEME colabora na docencia nas áreas de creatividade e deseño centrado nas persoas, da man de Diego Parajó. Nos seguintes enlaces podes ver os resumos das sesións nas que participamos desde 2015.
Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó 2022 Técnicas de creatividade e deseño centrado nas persoas con Diego Parajo. 2021
Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó 2020.
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2018
Técnicas de creatividade. O deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2017
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Diego Parajó. 2016
Técnicas e ferramentas para o deseño colaborativo de proxectos. Pensar co corpo. Diego Parajó 2015
Diego Parajó, Beatriz Fontán e a participación dos públicos 2015
#xestioncultural #aprenderfacendo #rede #creatividade #formación #designthinking
Este proxecto desenvólvese en rede con http://bencuriosa.gal/