Se o que necesitas é un equipo para executar e poñer en marcha unha iniciativa, nós podemos axudarche:
Tes unha idea de proxecto social ou cultural mais non sabes como levala a cabo?
Nós temos o equipo técnico axeitado e as redes profesionais necesarias na Economía social para facer esa idea realidade co-deseñando contigo a proposta a desenvolver.
Tes unha idea sobre participación e xeración de comunidades?
Xeneme temos unha longa experiencia desenvolvendo proxectos de participación sociocomunitaria e activación de comunidades. Encargámonos de xestionar calquera tipo de proxecto social, educativo ou cultural.
Tes unha idea sobre xestionar equipamentos socioculturais?
Facemos a xestión de equipamentos (fisicos e/ou virtuais) socioeducativos e culturais mediante procesos de innovación social e participación cidadá.
No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme.