top of page

Xornada profesional de Escena Galega.

Participamos na 1ª Xornada escénica de promoción profesional e venda de Galicia promovida e coordinada desde Escena Galega.


XENEME fomos os encargados de facer a dinámica de presentación e facilitación entre profesionais da programación e compañías nesta xornada celebrada na Cidade da Cultura o 9 de novembro de 2021.


Foto por Escena Galega.


Ao comezo da xornada acreditáronse a 80 axentes escénicos entre os que asistiron vintecinco profesionais da programación de concellos e outras entidades programadoras e representantes e distribuidoras de 40 compañías.


A dinámica de facilitación consistiu nunha creación dixital a tempo real dunha diagnose dos problemas entre programadoras e compañías, valorando as posibles solucións. A falta de post its físicos, utilizamos a aplicación MIRO para facelo máis visual e instantáneo.



XENEME demos paso ao rematar a dinámica a 15 presentacións rápidas de espectáculos de compañías ante as e os 25 programadores e programadoras asistentes.


A xornada continuou con varias pausas de café-networking e un xantar de posta en común entre axentes escénicos. Na quenda de tarde artellaron desde Escena Galega quendas rápidas de venda que, mediante un formato áxil e fluído, acadaron 280 reunións entre compañías e programadoras para a venda de espectáculos.


 
 

A xornada contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Cidade da Cultura de Galicia.

bottom of page