• Xeneme

LOCAL DE MÚSICA DE PONTEVEDRA

Actualizado: 29 de abr de 2019


Desde 2008 Xeneme xestiona o Local de Música de Pontevedra.


O Local de Música é un centro sociocultural público adicado á música, dependente do Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra.


Un lugar onde ensaiar, formarse, autogravarse, reunirse, deseñar proxectos, coñecer xente...pioneiro en Galicia.


O concepto do Local de Música evolucionou constantemente desde que abríu en 2008. Nun comezo atendeuse á necesidade da mocidade de dispoñer de espazos gratuitos e abertos para facer música, encontrarse e reunirse. O día a día do Local virou este concepto para consolidarse como un CENTRO SOCIOCULTURAL MUSICAL. Esta nova visión levou a replantear os usos e actividades do espazo.


O uso máis demandado do Local de Música é o de ensaio. Dispón de 3 salas de ensaio totalmente equipadas para que só teñas que chegar e enchufarte.

Tamén existe a posibilidade de gravar os propios ensaios, de autogravarse unha maqueta e de recibir formación específica sobre gravación musical; así como de outros ámbitos como a producción de eventos musicais, comunicación, marketing, concepto de banda, cómo conseguir concertos...


A equipa do Local está tamén a disposición dos usuarios e usuarias para asesorar, mentorizar, facer un seguemento dos proxectos muicais e para resolver calquera dúbida que poidas ter neste eido.





Para saber máis visita www.localdemusica.gal

#pontevedra #música #xuventude #industriamusical #xestióncultural


Todas as novas en PontevedraViva.com

Desde 1998. @xenemeps

  • LinkedIn - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • Twitter - Black Circle

626319538

info[arroba]xeneme.com