top of page

Mentorización de proxectos musicais no Local de Música PTV

Unha banda (TOP) de Pontevedra que non sabe que lle falta para “petalo”? Notan que o seu proxecto está estancado e precisan un empurrón?


Pois no LP3 do Local de música axudamos de forma individualizada, indo ao foco do problema da banda para que teñan ferramentas para dar un paso adiante na súa carreira.

Os LP’s son un itinerario formativo que levamos facendo no Local desde hai case 10 anos. Un sistema que abarca as principais áreas de coñecemento que debe manexar unha persoa que pretenda camiñar pola senda da industria musical actual.


Dividímolo en 2 niveis: LP1 e LP2.


-LP1 é unha “posta a punto” en temas básicos para comezar no local de música.

-LP2 faise antes dos concertos de verán e trata de “adestrar” aos grupos para saír a tocar aos escenarios.


En 2021 engadimos outro nivel, LP3.

O LP3 ten unha intención de mentorización e seguimento individual de cada unha das bandas. Parte dun compromiso de artistas que xa teñan algo de traxectoria e traballo feito para mellorar en aspectos máis avanzados que o lp1 e lp2.


De modo consensuado traballaremos no que máis precise a banda para que poidan dar un “acelerón” nas súas carreiras artísticas. Management, comunicación, marketing, son de banda, gravación, home studio, monetización…


Feito a través de reunións online e dos contidos da aula virtual do local, os grupos rematarán gravando unha canción.

Fotos por Paloma García

 

O LP3 divídese en:

  • Sesión grupal inicial: Faremos unha primeira sesión de explicación e coordinación con todos os grupos á vez o 9 de marzo.

  • Mentorizacións: Os 4 grupos farán 3 sesións de 2h cada unha, podendo escoller os contidos das últimas dúas.

  • Escola en liña do Local: A nova plataforma de formación en liña que temos estará dispoñible para o acceso dos 4 grupos.

  • Asesoramento: Os 4 grupos disporán de citas online para as dúbidas que lle xurdan das formacións.

  • Gravación de canción: Gravaremos unha canción por grupo no Local de música, onde aproveitaremos para traballar e mellorar o proceso das bandas en estudio.


No LP3 feito en 2021 participaron 6 bandas:

JACOBO SAINZ

DABELAII

JAVIER WATERPROOF

LIBERAD AL KRAKEN

ANECOID

PARTICLE







 

Para saber máis do LP3 e da xestión do Local que facemos XENEME: BLOG do Local


bottom of page