top of page

Obradoiro creativo na Illa de Arousa

Dentro do traballo que facemos na Illa de Arousa coa Concellaría de Muller que dirixe Salomé Franco organizamos un obradoiro creativo que impartiu La Platanera.


O obxectivo desde obradoiro foi a construción de mensaxes contra a violencia de xénero por parte das persoas participantes a partires dun proceso creativo que constou de dúas dinámicas.

obradoiro creativo na illa de arousa
obradoiro creativo

Por unha banda cada participante creou unha postal cunha mensaxe máis libre ou poética a través da cianotipia, técnica fotográfica do século XIX; a segunda parte do obradoiro foi destinada a idear entre todas diferentes mensaxes visuais ligadas á visibilización da muller, a igualdade e contra a violencia de xénero.


Os traballos formarán parte dunha exposición colectiva e poderían tamén ser elixidos para ser a imaxe de futuras campañas de igualdade promovidas desde o Concello.



 

Este obradoiro está dentro do marco de accións propostas co financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

 
 

En rede con La Platanera

Comments


bottom of page