A sobrecarga de traballo fai que en moitas ocasións non teñamos nin o tempo nin os recursos necesarios para atender ás necesidades de proxectos e equipamentos. En Xeneme levamos desde 1998 axudando a entidades a atopar modelos de xestión máis eficientes e áxiles:
Precisas axuda na xestión de equipamentos socioculturais?
Podemos axudarche a revisar a estratexia de xestión dese equipamento, para optimizar os seus usos e o xeito de organizalo, para que realmente atenda aos obxectivos de servizo público para o que se deseñou.
Precisas axuda na xestión de proxectos de participación cidadá e xeración de comunidades?
Traballamos sempre desde o DCU, deseño centrado no usuario/a, para comprender e atender de forma adecuada ás necesidades das persoas. Non é nada sinxelo o traballo con comunidades, así, que desde novos modelos de participación e metodoloxías para o co-deseño podemos facilitar este desafío.
Precisas axuda na xestión de proxectos sociais e/ou culturais?
A nosa experiencia danos moitas pistas de como enfocar os proxectos. Para facelo ben ou para aprender dos erros, propios ou doutros. Esta experiencia acumulada é a que nos permite ofrecerche un apoio sólido e con garantías de mellora.
Precisas axuda na xestión de proxectos educativos e de aprendizaxe?
As formacións que impartimos Xeneme están baseadas na metodoloxía do #aprenderfacendo (learn by doing), onde a experiencia do alumnado (UX) é o principal motor.
No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme.