top of page

QUERO ALGO COMO ISO

Moitas veces pídennos replicar ou adaptar proxectos que facemos noutros lugares e facelos posibles na contorna. Collemos o noso Knowhow e revisamos o concepto co-deseñándoo contigo e adaptándoo á túa realidade.


Tamén facemos revisións de proxectos e modelos de referencia para estudiar como as boas prácticas doutros poden servir ao teu traballo.


  • Queres algo sobre innovación e creatividade con Design Thinking?

Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Podemos traballar para que as persoas teñan as ferramentas para necesarias para innovar e crear.


  • Queres un proxecto coa nosa forma de xestionar comunidades?

Queres participación social. Xestionamos comunidades de xente, comunidades culturais, comunidades de aprendizaxe.... Físicas e/ou virtuais. Coas novas metodoloxías de comunicación e marketing. Iniciamos e xestionamos estes procesos.


  • Queres que xestionemos equipamentos socioculturais como facemos en outros lugares?

Facemos a xestión de equipamentos (fisicos e/ou virtuais) socioeducativos e culturais. Desde a participación comunitaria até a xestión do día a día dos espazos. Imos máis alá do concepto clásico da animación sociocultural ao misturar saberes doutras disciplinas.



Se queres replicar un proxecto concreto dos que temos na sección PROXECTOS da web, pincha no botón de FALAMOS? e contacta con nós.



bottom of page