Realidade Extendida (XR) en Talentia Summit

Impartimos un curso de introdución á Realidade Extendida (XR) no Talentia Summit 2019, a feira de talento e emprego celebrada en Santiago de Compostela.


Talentia Summit é unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela. Parte da Axencia Local de Colocación dentro da área de Emprego da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Unha gran feira de emprego de Galicia que busca impulsar os perfís profesionais en diversos ámbitos.


Talentia Summit nace en 2018 cun obxectivo claro: inserir o talento e dinamizar o emprego desde Santiago de Compostela. Con vocación e orientación nacional, Talentia Summit xorde coa premisa de converterse na maior feira do talento e o emprego.

Talentia Summit trata de establecer un espazo tanto para desempregados, como para usuarios en procura activa de emprego. Pero tamén quere incluír a profesionais que pretenden mellorar e impulsar o seu perfil profesional e académico. Os asistentes poden optar a diferentes ofertas de emprego en Galicia, realizar cursos de formación para perfeccionar e mellorar o seu currículo, asistir a seminarios profesionais e contar co asesoramento de mentores contrastados.

Xeneme impartimos en 2019 un Curso de Introdución á Realidade Extendida (XR).


Realidade extendida é un término que fai referencia á combinación de todos os entornos reais e virtuaisxuntoásinteraccions de humano-máquina xerados por computadoras e dispositivos vestibles.


Entendendo a complexidade do deseño e desenvolvemento de solucións de VR, AR e MR débese enfocar a formación cara un coñecemento básico e de descubrimento da situación actual no mercado e as súas posibilidades así como facilitar a comprensión dos requisitos formativos para entrar na industria.



#xeneme #realidadeextendida #xr #creatividade #innovacion #tecnoloxia #talentiasummit

Gran éxito de público en Talentia Summit'19

Así está siendo el Talentia Summit 2019 en Santiago