CoLAB Coruña: laboratorio de innovación urbana.
En 2017 incorporámonos ao CoLAB, o Laboratorio de Innovación Social do Concello de A Coruña, co proxecto #SOIDADE.
O proxecto quería: diagnosticar a situación actual do colectivo de xente maior; mobilizar e motivar a diferentes colectivos; co-deseñar con eles ideas e solucións; visibilizar unha realidade con grandes consecuencias no benestar social e na calidade de vida de todas as persoas; e extrapolar os datos e resultados obtidos a outras comunidades e grupos de aprendizaxe e participación social para que asuman o reto e amplíen o desenvolvemento da iniciativa a outras zonas.
Para isto, implementouse un sistema de reunións participativas con diferentes axentes da cidade onde se explorou o tema usando para dinamizar a metodoloxía do design thinking, no que somos expertos.
O sentimento de soidade non desexada de moitas persoas maiores da nosa cidade afecta a todas as esferas da súa vida, e convertese nun risco de illamento social de primeira magnitude que actúa de modo invisible e é de difícil detección. Cómpre dar unha resposta colectiva a esta problemática.
Podes coñecer máis do proxecto en: http://colab.coruna.gal/soidade/
Soidade desenvolveuse en rede con http://bencuriosa.gal/
Comments