top of page

TEÑO UN PROBLEMA

En Xeneme creamos experiencias educativas que motivan, inspiran e transforman ás persoas. Buscamos contigo a solución a eses problemas de proxectos, á xestión dos mesmos e ás necesidades formativas das organizacións e dos equipos.


  • O teu proxecto ou equipo non funciona?

Usamos metodoloxías creativas como o Design Thinking, Creative Problem Solving ou User Experience para procesos de consultoría de equipos que axudan a descubrir aqueles puntos que poden estar fallando na túa organización. Xeneme formamos e capacitamos nas habilidades, competencias, metodoloxías e ferramentas necesarias para os traballos do S.XXI.


  • Non estás chegando ao teu público?

Mediamos para axudar ás organizacións na busca das oportunidades de futuro dos seus proxectos. Analizamos o teu modelo de negocio e axudamoste a mellorar os procesos de servucción e as estratexias para que conectes cos teus públicos.


  • Tes necesidades formativas?

Deseñamos experiencias educativas innovadoras, transformadoras e participativas. As formacións que impartimos Xeneme están basadas nas aprendizaxes colaborativas mediante dinamicas de equipo. #teambuilding


Axudamos a sacarlle partido á creatividade do teu equipo. Podemos lograr que manexe as ferramentas para innovar. Con moitos post-its!!! #visualthinking


Temos modulos formativos especiais para instalarlle á xente analóxica un KIT DIXITAL co que poñerse ao día. Xeneme podemos axudarte na transformación dixital da túa organización.




No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme.




bottom of page