TEÑO UNHA URXENCIA

No día a día da administración hai proxectos ou momentos que requiren dunha solución rápida e profesional a problemas. O ritmo de traballo fai que haxa veces que precisemos ter algo "para onte", mais o teu día só ten 24h.


Xeneme damos solución rápida, eficiente e profesional a eses problemas de proxectos enquistados, a xestión de equipamentos ou comunidades con problemas e a necesidades formativas urxentes.


  • Algún proxecto ou equipo non funciona?

Encargámonos de xestionar calquera tipo de proxecto social, educativo ou cultural.

Hibridando disciplinas. Con creatividade. Con innovación. Con tecnoloxía.

Desde o (co)deseño da solución até a execución da mesma.


  • Non sabes como chegar á xente, mocidade ou algún colectivo?

Xeneme temos unha longa experiencia desenvolvendo proxectos de participación sociocomunitaria e activación de comunidades.


  • Tes necesidades formativas?

As formacións que impartimos Xeneme están basadas no learn by doing, onde a UX é o principal para que a cidadanía aproveite a formación de forma útil.


Axudamos a sacarlle partido á creatividade. Conseguir que a cidadanía teña as ferramentas para innovar e crear desde as metodoloxías que aplicamos Xeneme. Con moitos post-its!!!


Temos unha formación especial para instalarlle á xente analóxica un KIT DIXITAL co que poñerse ao día. Xeneme podemos axudarte na transformación dixital.


  • A xente quéixase dun servizo ou proxecto?

Melloramos a (UX) Experiencia de Usuario. As persoas no centro. Xeneme realizamos formación e consultoría sobre deseño de servizos e experiencia de usuario (UX).



No apartado PROXECTOS da nosa web podes ver exemplos de solucións que realizamos Xeneme. Se queres saber máis ou contactar con nós, pincha no botón de Falamos?