top of page

TEK-FEST_tecnoloxías de tendencia en Pontevedra

O Tek-Fest foi un encontro internacional sobre tecnoloxías emerxentes (tech trends) que se desenvolveu na cidade de Pontevedra en 2016 e 2017.


Durante 5 días a capital pontevedresa acollerou a profesionais e expertas recoñecidas a nivel internacional que compartiron o seu coñecemento sobre a realidade virtual, o big data e a cartografía urbana, a artesanía dixital ou a comunicación inmersiva nas redes sociais, á vez que reflexionaron sobre os escenarios de futuro que nos presenta a vida urbana no século XXI.

O programa compúxose de dous workshops de 12 horas que se celebraron simultaneamente durante 3 días, do 27 ao 29 de setembro. O primeiro titulouse “VR 360: Audio, Vídeo & Programming” e pretendeu introducir aos participantes na captura e edición de imaxe en 360º, tanto para fotografía como para vídeo, así como no audio binaural, fundamental para lograr unha experiencia inmersiva, e nas ferramentas de software que permiten introducir elementos de interacción na realidade virtual. Estivo impartido por Antonio Víctor García-Serrano (Zakato), un dos mellores camarógrafos 360º a nivel mundial, e polo estudo Bermudas Land, pioneiros da VR en España, con sede en Galicia e Madrid.


O segundo taller leva por título “Carto: Location Intellingence” e estará impartido por Javier Noguerol, responsable de intelixencia de produto de CARTO, unha das empresas máis destacadas internacionalmente en análises e visualización de datos xeolocalizados. Neste workshop os asistentes poderán aprender en que consiste a análise de datos xeoespacial e como as cidades máis avanzadas do mundo están a usalo para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Tamén aprenderán de forma práctica a facer esta análise de datos na súa propia contorna usando Builder, unha ferramenta de location intelligence para non-coders.


Fotos de Cristina Andrés Pontanilla.


“Escenarios de futuro: de la metrópolis a la ciudad digital”


Con este título abriu o simposio do TEK- FEST o 30 de setembro a conferencia inaugural a cargo do filósofo Pedro Medina e o deseñador Javier Maseda, do estudo Sopalmo, que reflexionaron sobre a evolución histórica da noción de cidade e como a tecnoloxía dixital proxecta o seu futuro. Tras eles interviu a deseñadora Isabel Berz, unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, que falou sobre os novos modelos educativos baseados na innovación e a investigación. Javier Noguerol de CARTO ofreceu ás persoas asistentes unha introdución ao big data relacionado coas cidades, mentres Jimena Merino de Bermudas Land, unha das primeiras directoras artísticas de VR que hai en España, falou da democratización da realidade virtual e a imaxe inmersiva a través do seu uso en social media, con exemplos prácticos.


Nesta xornada houbo espazo para as propostas máis experimentais, como unha instalación interactiva realizada por Miguel Espada, de Espada & Santacruz, un dos estudos españois máis destacados na terreo da arte dixital, ou unha performance sonora sobre a evolución dos soportes acústicos conducida por José Manuel Costa, crítico e comisario de arte, e un dos directores do programa Retromanía de Radio 3, acompañado de Toño Cabanelas, enxeñeiro audiovisual, DJ e VJ, e director artístico do TEK- FEST. Como fin de festa, o sábado 1 de outubro o ‘Demo Day’ mostrou de forma aberta a todo o público que se achegou a Pontevedra os resultados destes 5 días de encontro e intercambio de coñecemento, ferramentas e experimentos na cidade.


Fotos de Cristina Andrés Pontanilla.



Actividades abertas ao público

O Pazo da Cultura serviu para acoller demostracións de solucións de realidade virtual comerciais, e un par de experiencias artísticas: unha performance sonora de José Manuel Costa e Toño Cabanelas na que se facía un percorrido sobre a historia do soportes sonoros do século XX e unha instalación interactiva baseada na iluminación de Miguel Espada.


No que á realidade virtual se refire, os asistentes podían probar en primeira persoa a completa experiencia que ofrece a solución de HTC Vive, que permite somerxerse en mundos virtuais da forma máis ambiciosa que ten un sistema orientado ao mercado de consumo pois, aparte de contar cun casco de VR, tamén inclúe sensores de posición, o que permite que o usuario poda moverse con certa liberdade, somerxéndose dun xeito moito máis profundo en mundos virtuais, tanto para vivir escenas con grande realismo como para poder interactuar tridimensionalmente con interfaces virtuais.


Pero para moitos dos presentes resultaba máis rechamante o feito de que estivese instalado un punto de demostración de PlayStation VR, casco de realidade virtual que en outubro sairá á venda, e que en Pontevedra podía verse en primicia, o que era unha boa oportunidade para comprobar o que ofrecerá unha tecnoloxía que busca invadir masivamente os fogares de todo o mundo, popularizando a realidade virtual dun xeito sen precedentes. Dende xogos de acción até simulacións con toques cinematográficos permiten ofrecer unha proposta de lecer que nos vindeiros meses terá que pasar a proba do público.



 

RESUMO DO TEK FEST 2016


 

XENEME traballou no co-deseño, xestión, desenvolvemento e produción do Tek-Fest 2016.

 

#xeneme #techtrends #tech #trends #tecnoloxia #innovacion #creatividade #vr #360 #bigdata #tekfest


Para saber máis: Un descenso a la realidad virtual O TEK-FEST celebrou o seu simposio coa vista posta na cidade do futuro

Diego Parajó Naveira: "Recoger y gestionar los Big data es algo que está muy por delante del presente"

La I edición del TEK-FEST reflexionará sobre “la ciudad del futuro” a través de tecnologías emergentes como la realidad virtual o la cartografía digital urbana

Galiceando El Festival Tek-Fest se celebra en Pontevedra con el objetivo de construir las ciudades del futuro

«Con el Tek-Fest, Pontevedra está en la cima mundial tecnológica»

 

Este proxecto realizouse en rede con Bermudas Land e Toño Cabanelas

bottom of page