top of page

Transformación Dixital na Xestión Cultural

A asociación galega de profesionais da xestión cultural, AGPXC, lanzou en 2020 o plan formativo "A Transformación Dixital na Xestión Cultural" coa coordinación de BenCuriosa.


Xeneme impartimos o módulo de:

COLABORACIÓN E TRABALLO EN EQUIPO EN CONTORNAS VIRTUAIS.

Descubrir as mellores estratexias, ferramentas e metodoloxías para a colaboración e a optimización do traballo en equipo en contornas virtuais.


Este foi o programa:

  • Martes 06out: Publicación Unidades Temáticas 1-4 cos seguintes obxectivos:

    • Acompañar a xestor*s culturais na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital, sempre cun enfoque realista, práctico e tendo en conta os recursos, tempo e equipos dos que dispoñen organizacións culturais galegas.

    • Compartir estratexias, ferramentas e metodoloxías para a colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais.

    • Introducir ao alumnado en metodoloxías áxiles de xestión de proxectos, como SCRUM.

  • Martes 13out | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Diego Parajó.

  • Martes 13out: Publicación Unidades Temáticas 6-9

  • Luns 19out | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Diego Parajó.



 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión así como unha plataforma de representación profesional.


Así explicaban o plan formativo:

"As entidades e profesionais da cultura exploran dende hai tempo novos modelos de conexión cos públicos a través da Rede. Unha necesidade que parte da propia transición dixital da sociedade e que se intensificou na crise da covid-19. Este proceso resultou revelador: das carencias, en forma de diversas fendas dixitais, pero tamén das oportunidades da mediación dixital no eido socio-cultural.

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, consciente deste reto e co apoio da Xunta de Galicia, promove un novo plan formativo, destinado a actualizar as competencias das profesionais da xestión cultural nun contexto global de transformación dixital."


 
 

En rede con AGPXC, BenCuriosa

Comments


bottom of page