top of page

CACHARAGE AGAINST THE MACHINE 2025

  • Foto del escritor: Diego Parajó Naveira
    Diego Parajó Naveira
  • 31 may
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: hace 3 días

Comunidade, síntese e experimentación sonora en directo.

O 24 de maio de 2025 celebrouse en Escola Unitaria (Santiago de Compostela) unha nova edición de Cacharage Against the Machine, unha xornada intensiva de experimentación sonora organizada en colaboración con XENEME e coa Comunidade de Sintetizadores do Local de Música de Pontevedra.


O encontro reuníu durante doce horas a artistas, produtores e afeccionadas á música electrónica nun formato híbrido entre festival, laboratorio e sesión formativa.





C.A.T.M. naceu en 2023 impulsada por XENEME co obxectivo de visibilizar o potencial creativo da síntese sonora e de xerar comunidades arredor da música experimental.


En 2025, o proxecto regresou con máis forza e cunha programación deseñada para combinar formación, creación e encontro social.


O reto era manter o espírito colaborativo das primeiras edicións —aberto, accesible e autoxestionado— e, ao tempo, dar un paso adiante na profesionalización das prácticas electrónicas locais, unindo artistas recoñecidos e novas xeracións de creadoras e creadores.



Fundamentación e enfoque

O Cacharage funciona como un espazo de aprendizaxe non formal, no que a experimentación se converte en metodoloxía de participación.


A súa proposta conecta coa tradición da música electrónica comunitaria, do DIY e da cultura maker, integrando dimensións pedagóxicas, tecnolóxicas e artísticas.


Desde esta perspectiva, XENEME e Escola Unitaria apostaron por un formato que entrelaza prácticas de educación expandida, creación colectiva e cultura libre, poñendo o acento na diversidade de linguaxes e na creación de contextos seguros e abertos.



Desenvolvemento do evento

O programa desenvolveuse entre as 11:00 e as 21:00, con entrada libre e actividades de acceso gratuíto e formativo. A estrutura combinou catro liñas de acción:



  • Experiencias de escoita e creación colectiva:

    • Baño de Sintes, unha sesión de ambient meditativo a cargo de EaranX, centrada na escoita activa e na atención plena a través do son.

    • Jam de Sintetizadores, improvisación aberta con hardware analóxico, dixital e modular, na que cada participante se integrou nunha mestura común sen xerarquías nin estilos predeterminados.


  • Laboratorio de práctica avanzada:

    • Sesión de Dubbing (Live + Mix) con Parautas e Juait, que reinterpretaron en clave didáctica as técnicas de mestura e eco do dub xamaicano, aplicadas á electrónica contemporánea.

    • Jam B2B de Sintetizadores, improvisación por parellas que fomentou o diálogo entre estilos, xerando pezas efémeras en continua transformación.


  • Directos e performances:

    • Death Whistle (Víctor García), FÍO (Fonsi) e Soul Lazh ofreceron directos que combinaron techno emocional, ruído inmersivo e hipnose sonora, acompañados de visuais de VHF.





Cacharage Against the Machine é unha declaración: un chamamento a conectar, experimentar e crear xuntas desde a liberdade e a curiosidade.



bottom of page