top of page

ola!

Benvido/a á nosa páxina de ofertas de emprego!

En XENEME, estamos na procura de persoas talentosas e apaixonadas que desexen formar parte do noso equipo. Se estás listo/a para afrontar novos desafíos e medrar profesionalmente nun ambiente dinámico e innovador, chegaches ao lugar indicado!

OFERTA PUBLICADA: 2024/09/ 15
En evaluación de candidaturas:  2024/10/14


Técnico/a de Produción de Audiovisuais e Espectáculos.

 

 

 

 

CONTEXTO-PROXECTO

O Local de Música de Pontevedra é un espazo público municipal dedicado á música e dependente do Departamento de Mocidade do Concello de Pontevedra. Aquí desenvolverase a actividade profesional para o posto de Técnico/a de Produción.

 

Este centro sociocultural é un punto de encontro para músicas e grupos emerxentes, onde poden realizar actividades de ensaio, gravación, formación e máis.

 

Características do Local de Música:

  • Espazo de creación: Un lugar para ensaiar, autogravarse, reunirse e deseñar proxectos.

  • Centro sociocultural: Fomenta a interacción con outros axentes musicais e culturais da cidade.

  • Funcionamento gratuíto: Todas as actividades son completamente gratuítas, con algúns mínimos requirimentos de acceso.

 

  • Localización: ao carón da estación de tren de Pontevedra.

  • Horario: Aberto de luns a venres de 16:00 a 22:00 e sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00.

 

O Local de Música ofrece un ambiente dinámico e creativo, ideal para o desenvolvemento das funcións do Técnico/a de Produción, como a organización de recursos, produción técnica de actividades, xestión de comunicacións e creación de contidos. É un lugar que se converte nun punto de mira da creación musical e artística en Pontevedra, proporcionando un contexto enriquecedor para o profesional que se una ao equipo.

 

O equipo complétase cun perfil de técnico de son e outro de xestión cultural.

  • Localización centro de traballo: Pontevedra, España.

  • Proxecto: Local de Música de Pontevedra (locais de ensaio municipais. Instalación xestionada pola empresa).

  • Tipo de Contrato: Parcial, 25 horas semanais, dentro do horario de atención ao público do Equipamento.

  • Remuneración: segundo convenio eventos Galicia (grupo 3).

 

Perfil do posto:

 

Obxectivo:

Ser o motor da produción e comunicación do proxecto, contribuíndo significativamente ao éxito do mesmo.

 

Responsabilidades:

  • Coordinar recursos para diversas actividades musicais e de formación.

  • Supervisar a produción técnica de eventos e actividades.

  • Xestionar a comunicación interna e externa, incluíndo medios dixitais e web.

  • Desenvolver contido creativo para promocionar eventos programados.

  • Asegurar o funcionamento óptimo da infraestrutura de comunicación.

 

Funcións Específicas:

  • Creación e mantemento de contidos para a web e xestión de medios,

  • produción técnica das actividades, entre outras.

 

Habilidades Técnicas:

  • Coñecementos avanzados en produción de audiovisuais e espectáculos.

  • Manexo de diferentes tecnoloxías para a creación de contidos audiovisuais.

  • Coñecementos de xestión de social media e estratexias de marketing

  • Capacidade docente.

 

Habilidades Brandas:

  • Excelente comunicación, creatividade, capacidade de traballo en equipo.

  • Liderazgo, resolución de problemas, adaptabilidade.

  • Capacidade para traballar con xente moza.

  • Ganas e motivación para traballar nun proxecto sociocultural.

 

Experiencia:

  • Preferible experiencia previa en roles similares, pero tamén estamos abertos a coñecer a persoas sen experiencia e con ganas de aprender.

  • Valoraranse outras experiencias relacionadas co asociacionismo e activismo, o traballo con colectivos, a implicación en proxectos artísticos ou culturais.

 

Coñecementos Específicos:

  • Formación en Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos.

  • É obrigatorio dispoñer da titulación específica (o resto absterse).

 

Outros requisitos:

  • Manexo fluído do idioma galego.

  • Certificado de non ter delitos sexuais.

  • Vivir en Pontevedra non é imprescindible pero entendemos que se ten que coñecer o contexto local moi ben.

 

 

Beneficios:

  • Oportunidades de desenvolvemento profesional e formación continua a cargo da empresa.

 

 

Proceso de Selección:

 

Etapa 1: recollida de candidaturas, ate o 3/11/2024.

  • Recepción de CVs, mediante formulario online.

 

Etapa 2: Entrevistas.

  • entrevistas persoais,

  • probas prácticas e

  • verificación de referencias.

 

Etapa 3:

  • período de probas (segundo convenio).

bottom of page