APRENDER FACENDO, APRENDER COMPARTINDO
Postgrao en Xestión Cultural, unha oferta formativa para a práctica profesional.
O posgrao en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra 10 anos de traxectoria, ofrecendo unha formación práctica e especializada, adaptada ás características do sector cultural galego.
Esta iniciativa académica responde á necesidade de formar profesionais que poidan liderar proxectos culturais integrais, garantindo a súa viabilidade económica e o seu impacto social nunha era de transformación cultural.
Este programa formativo fundaméntase na xestión estratéxica e no deseño de proxectos culturais viables, combinando teoría cun enfoque eminentemente práctico baixo o principio de “aprender facendo”. As participantes exploran ferramentas avanzadas de planificación, produción, sustentabilidade e xestión financeira, aprendendo a transformar ideas en proxectos concretos centrados nas persoas e no contexto sociocultural.
Ademais, o posgrao incorpora innovacións clave, como o uso de novas tecnoloxías, estratexias de captación de recursos e a cooperación con outros sectores económicos. O obxectivo é facilitar a transición cara a modelos culturais sostibles, promovendo proxectos que xeren impacto social e económico en Galicia.
As estudantes entran en contacto directo con profesionais de prestixio e teñen a oportunidade de participar na transformación do sector cultural galego cara unha maior participación cidadá e sustentabilidade.
A mediación cultural e a vinculación coas comunidades locais son piares fundamentais do programa educativo, permitindo que os proxectos creados miren cara unha participación activa e significativa das comunidades. A través da comunicación cultural e a mediación, o programa busca converter aos públicos en axentes activos de cambio e transformación social.
Esta iniciativa de formación, referencial en Galicia, ven da man da empresa Ben Curiosa, formada por Sergio Lago e Ruth Sousa. Esta é unha das múltiples colaboracións que facemos con esta fantástica equipa. XENEME colabora na docencia nas áreas de creatividade e deseño centrado nas persoas, da man de Diego Parajó. Nos seguintes enlaces podes ver os resumos das sesións nas que participamos desde 2015.
Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó 2022
Técnicas de creatividade e deseño centrado nas persoas con Diego Parajo. 2021
Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó 2020.
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2018
Técnicas de creatividade. O deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó 2017
Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Diego Parajó. 2016
Técnicas e ferramentas para o deseño colaborativo de proxectos. Pensar co corpo. Diego Parajó 2015
Diego Parajó, Beatriz Fontán e a participación dos públicos 2015
RESULTADOS
As graduadas do posgrao adquiren capacidades para deseñar, planificar e xestionar proxectos culturais complexos de maneira integral. A través dun enfoque centrado na sustentabilidade e no impacto social, as alumnas desenvolven proxectos innovadores que responden ás necesidades de comunidades e territorios específicos, utilizando ferramentas actualizadas de xestión cultural.
Ao final do curso, as estudantes terán creado e avaliado proxectos culturais reais, listos para a súa implementación en institucións do sector.
Este proxecto desenvólvese en rede con
Comments