top of page

O NÚCLEO: Reinventar a innovación social dixital

O Núcleo é unha asociación socioeducativa e cultural sen ánimo de lucro creada en 2015 en Vilagarcía.



O Núcleo naceu para desenvolver proxectos que aposten polo talento das persoas, achegándolle ferramentas, metodoloxías e tecnoloxías que lles permitan construir un futuro próspero e sostible. Constituimos esta entidade Alicia Nogueira, Jorge Lafuente e Diego Parajó, tres empresarios comprometidos co desenvolvento social e a creación de oportunidades para as persoas, que apostamos polo achegamento das novas tecnoloxías á sociedade como oportunidade sociolaboral para a comunidade.

A nosa preocupación pola escasez de recursos didácticos avanzados para os nenos e nenas (porque somos pais e nais), a falta de oportunidades laborais xeradas en torno ás novas tecnoloxías na comarca do Salnés ou a inexistencia dunha oferta formativa solvente para explorar as posibilidades das tecnoloxías emerxentes, o deseño e a innovación, levounos a xuntarnos e actuar.

Estas foron as nosas motivacións para xuntarnos e loitar.

 

#onucleo #tech #tecnoloxia #talento #innovacion #app #deseño #hack #ferramentas

 

En rede con Alicia Nogueira e Jorge Lafuente

bottom of page