top of page

PonteJAM na Global Sustainability Jam

  • Foto del escritor: Diego Parajó Naveira
    Diego Parajó Naveira
  • 2 ene 2018
  • 1 Min. de lectura

A PonteJam é unha explosión de creatividade. Enmarcada nas GlobalJams onde participan miles de persoas no mundo fronte a un desafío común e 24 horas para cambiar o mundo. Nestas edicións traballamos ao redor da sustentabilidade.


XENEME participamos nas edicións de 2014, 2015 e 2016 nos procesos de innovación-deseño-facilitación-diversión.



Edición de 2014


Edición de 2015


PONTEJAM foi unha proposta do coworking de Espazo Arroelo de Pontevedra para participar nun evento mundial onde miles de persoas en centos de cidades tentan resolver simultaneamente un mesmo reto mediante procesos creativos e de innovación.

Este desafío pretende a ideación de prototipos de produtos ou servizos que propoñan solucións innovadoras en calquera parte do mundo, non unicamente locais; dito doutra forma, ideas para mellorar o mundo.


Actividade pioneira en Pontevedra que se estrutura en tres sesións anuais dirixidas a deseñar servizos.



Proxecto desenvolto en rede con Espacio Arroelo, SUMA Importancia, Evolutia consulting.






bottom of page