Entendemos a cultura e as súas expresións como factor de desenvolvemento social e comunitario. Traballamos en iniciativas de proximidade que poñen ás persoas no centro das accións.
Deseñamos accións formativas a medida, adaptadas ás necesidades e ritmos das organizacións. Activamos procesos creativos mediante a metodoloxía do Design Thinking e a súa hibridación cos saberes de máis de 20 anos de traballo en proxectos sociais.