Xornada sobre a descentralización cultural e as sinerxías entre os territorios galego e portugués.
Video resumo do Convívio
O FESTIVAL ARTEFICIAL é un festival musical e interdisciplinar en pleno conxunto histórico de Ribadavia que se caracteriza por sairse do circuito habitual de festivais galegos na súa programación e actividades paralelas. Arteficial foi un dos pioneiros nesta aposta firme por unha escena independente, arriscada e exploradora.
Un dos seus desafíos foi o diálogo e a construción dun intercambio cultural con Portugal. A Raia como espazo de unión. Neste 2022 lanzan a convocatoria dun espazo físico de intercambio para coñecer os axentes culturais e os desafíos que veñen para a Cultura.
#Territorios #Ruralidade #Rururbanos #Glocal #Hibridacions #Neorruralidade #Culturapopular #Culturatradicional e #culturacontemporánea #Dialéctica #LocalGlobal #PeriferiasCentros
A XENEME convidóusenos para facilitar un espazo de traballo grupal na xornada onde poder facilitar o intercambio e a creación de redes e sinerxias #networking mediante un deseño didáctico que posibilitara tamén a diversión, a complicidade profesional, o traballo colaborativo e o intercambio.
Para atender a este encargo, deseñamos unha unidade didáctica baseada no pensamento visual #visualthinking e na utilización de modelos gráficos e "lenzos" que faciliten a posta en común e a creatividade colectiva.
Sen perder de vista que tamén queremos incentivar a creación de redes baseadas nos afectos e os coidados, introducimos elementos gamificados que axudan a mellorar o foco dos equipos en sesións moi áxiles e limitadas no tempo.
O obxectivo que proporemos ás persoas participantes para esta dinámica de facilitación será a identificación dos desafíos para a cultura nos seus contextos e as súas interaccións nos vindeiros anos.
Para preparar o terreo achegamos información sobre o traballo que se fará na sesión, neste caso a partir das publicacións de Cultura y Ciudadanía.
¿Rururbanos, agropolitanos, glocales? Mundos conectados, Identidades híbridas
En rede con Festival Arteficial
A proposta de valor do convivio do Arteficial
convívio (Dicionário Estraviz)s. m.
(1) Convivência, familiaridade. (2) Banquete. [lat. conviviu]
Arteficial levamos tempo coa ollada posta en Portugal. Esta curiosidade por coñecer o que acontece do outro lado da raia levounos a descubrir unha chea de bandas, artistas e colectivos portugueses cos que forxamos lazos que nos levaron a diferentes lugares (Lisboa, Braga, Leiria, Lamego…).
Agora queremos levar un pouco máis lonxe esta curiosidade e forxar alianzas fortes e reais entre festivais e colectivos portugueses e galegos.
Así nace Convívio: unha xornada de convivencia na que se atopen creadores/as, promotores/as, artistas, colectivos e diferentes axentes da cultura tanto da Galiza como de Portugal.
Neste encontro falaremos das necesidades da realidade e do potencial dos eventos que estamos a levar a cabo pero tamén queremos que o convívio se convirta nun lugar onde compartir información, no que coñecernos e no que establecer diálogos que leven a un enriquecemento das comunidades ás que pertencemos.
Este encontro terá lugar o 9 de abril de 2022 en diferentes espazos de Ribadavia e nel haberá lugar para a escoita pero tamén para as conversas informais entre todas as persoas que queiran participar.
Estamos respaldadas pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, o que garante un evento enmarcado dentro das boas prácticas.
Ademais, durante o evento haberá tempo para catar un Ribeiro, facer unha visita guiada por Ribadavia e como non, para a música ao vivo cun concerto na Igrexa da Madalena, punto neurálxico do Festival Arteficial e da vida cultural da fermosa vila medieval.
Programa 10.00h. Recepción no Museo Etnolóxico de Ribadavia a cargo da Concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia 10.30 – 12.00h. Primeiro faladoiro. Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia 12.00 – 14.30 h. Visita ao Museo do Viño de Galicia en Santo André de Camporredondo en autobús con saída desde o Museo Etnolóxico de Ribadavia + degustación de viño do Ribeiro. 14.30h – 16.00h. Descanso para xantar. 16.00h – 17:30. Segundo faladoiro.Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia 17:45h – 19:15. Dinamización. Convivencia. A cargo de Diego Parajó. Lugar: Club Artístico (cafetería Vital) 19.15h – 20:15. Visita guiada pola Ribadavia máis cultural. Saída desde O Club Artístico de Ribadavia 20.30h – 21.30h. Concerto na Igrexa da Madalena (GARZA)
Faladoiro 1:
(André Simões– Bullet Seed-, María Jesús Rodríguez –Teleclube -, Hugo Ferreira – Omnichord Records Unipessoal//Why Portugal-, Patricia Hermida – Dot Beat//MIM (Mulleres da Industria Musical)-, Manuel Araujo Montero – Arteficial//Musgo/MAM CULTURA-). • Programación e patrimonio en entornos rurais. Novas formas de ruralidade. • Papel dos “pequenos festivais” na industria cultural. • Descentralización da actividade cultural. Existe vida máis ala de Compostela e do eixo atlántico.
Faladoiro2:
(Sérgio Alves – Bons Sons-, María Vaqueiro -Pacto Cultura Sustentable-, Adriana C. Tarela – Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural-, Ainhoa Viñuela Don – Arteficial-) • A raia. Circulación de música entre Galiza e Portugal. • Desenvolvemento Territorial Sostible e Acción Cultural. • Territorios Conectados e identidades híbridas.