top of page

Habitación Peregrina PRO


Habitación Peregrina PRO 2020 foi un encontro profesional que xurdiu dentro do proxecto Camino Escena Norte, coordinado por Diego V. Meizoso (Escena Galega) concretamente dentro da súa programación Camino Expandido.


Este proxecto recolle o título do programa de residencias de creación baseadas no intercambio entre CCAA que implementaron na 1ª edición (2019), durante a que identificaron de maneira palpable que non existe un coñecemento en profundidade nin unha relación estable e duradeira de sinerxias entre as compañías e axentes profesionais do sector das artes escénicas que operan nos 4 territorios implicados no proxecto: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.


Habitación Peregrina PRO pretendeu ser un espazo de convivencia profesional onde o centenar de compañías que abarcan as asociacións promotoras (Escena Galega, EscenAsturias, Acepae e Eskena), máis todas aquelas de o sector que quixeran unirse á actividade, poideran entrar en contacto, coñecer as súas liñas de traballo e propostas estéticas, coñecer a realidade dos distintos circuítos de programación, explorar vías de coprodución e traballo conxunto e acceder a propostas de formación que sexan de interese para o seu desenvolvemento profesional.


Así mesmo, o encontro pretendeu ser un foco de reflexión e coñecemento sobre a realidade do sector nas circunstancias actuais, sen perder de vista o traballo sobre o modelo de residencias de creación que desde Camiño Escena Norte quere seguir implementándose a partir de 2021.


 

Xeneme participamos como facilitadores en varios momentos das xornadas, convidados de novo polo colega Diego V. Meizoso e a equipa de Camino Escena Norte. Abrimos o encontro xerando un espazo de conexión entre as persoas asistentes, para reforzar a súa confianza e que puxeran encima da mesa as cuestións coas que traballar o resto das xornadas.


A dinámica "Escenarios de futuro" deseñada a partires do modelo das 5 forzas de Porter, guiou o proceso de pensamento cara unha análise das circunstancias do sector. Revisamos as claves das problemáticas actuais (xorden no pasado), as circunstancias que marcan a tendencia no sector (novidades, barreiras de entrada e rendibilidades) e que definen as estratexias das compañías na actualidade, e finalmente, compartimos ideas sobre as claves de éxito das compañías de artes escénicas no futuro.






Fixemos tamén durante o encontro un workshop de deseño e prototipado rápido de modelos de residencias e programas de intercambio entre compañías, dinamizando esta experiencia a través da creatividade e a ideación colectiva de conceptos de proxectos.


Usamos o Design Thinking como metodoloxía conductora do pensamento creativo, propoñendo os desafíos de deseño en base a tres supostos:

  • Hibridación intersectorial: Como poderíamos xerar espazos de innovación nas residencias creativas fusionando saberes doutros sectores?

  • € sin límite: Se os cartos non foran un problema, como podería/debería ser un sistema residencias creativas?

  • covid eterno: Se a normalidade futura mantivera as restriccións da pandemia, como poderiamos redeseñar a cuestión escénica para facela sostible e atractiva?







 

Este proxecto realizouse en rede con: Camiño Escena Norte



bottom of page