top of page

FADEMGA - Pensar fóra da caixa

Xornada formativa para deseñar solucións creativas mediante Design Thinking.


 

En colaboración con FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, facilitamos a xornada "Pensar fóra da caixa", centrada en promover a innovación nos sistemas de traballo a través da metodoloxía Design Thinking.


O obxectivo foi capacitar ás persoas participantes no deseño de solucións centradas nas necesidades das persoas e no traballo cooperativo, destacando a importancia do aprendizaxe lúdico e colaborativo.


A metodoloxía Design Thinking é un enfoque innovador que pon o foco nas persoas, promovendo a participación activa e o traballo cooperativo. Durante a xornada, exploramos como o deseño centrado nas persoas pode transformar a maneira na que se abordan os desafíos organizacionais.


O proceso foi dinámico e participativo, xerando novas ideas e solucións adaptadas ás necesidades concretas das persoas usuarias de FADEMGA.





O Design Thinking é unha metodoloxía que axuda ás organizacións sociais a resolver problemas de maneira creativa e centrada nas persoas. Segue cinco fases principais: empatizar, definir, idear, prototipar e testar. O seu obxectivo é comprender as necesidades reais das comunidades e atopar solucións innovadoras que melloren a súa calidade de vida.


Para as organizacións, o Design Thinking é útil porque permite identificar os desafíos sociais e buscar solucións que realmente se adapten a quen máis o necesita. Ao involucrar directamente ás persoas beneficiarias ou involucradas no proceso, as solucións resultantes son máis prácticas e sustentables. Ademais, fomenta a colaboración entre diferentes axentes, xerando espazos para a innovación social.


Ao tratarse dunha metodoloxía flexible, permite ás organizacións sociais adaptarse a contextos cambiantes e pensar de forma diferente para abordar problemas complexos como a exclusión social ou a falta de recursos.










 

En rede con FADEMGA

 

Comments


Commenting has been turned off.
bottom of page