Dentro do traballo que facemos na Illa de Arousa desde 2012 coa Concellaría de Muller que dirixe Salomé Franco, xestionamos os proxectos e actividades realizadas no marco dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero desde 2019.
Que é o Pacto de Estado?
O Pacto de Estado contra a violencia de xénero é un compromiso para loitar contras estas e outras situacións que sufre a muller. No 2017 aprobouse a este pacto a nivel estatal co obxectivo de eliminar calquera tipo de violencia contra as mulleres e defender os seus dereitos e liberdades fundamentais.
Entre os eixos fundamentais atópanse temas como a sensibilización e prevención, fomentar a formación e fortalecer a axuda e seguridade.

Xeneme desde 2019 realizamos propostas, actividades, obradoiros e campañas na Illa de Arousa dentro dos fondo do Pacto de Estado.
A Illa de Arousa referente estatal na prevención da violencia de xénero
O repositorio de boas prácticas financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a
violencia de xénero inclúe a campaña de sensibilización que fixemos na Illa do ano 2019.
A delegación do Goberno de España contra a violencia de xénero, pertencente ao ministerio de igualdade, inclúe na súa web a campaña de sensibilización e prevención de calquera violencia contra a muller feita na Illa de Arousa en 2019, no repositorio de boas prácticas financiadas cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Captura da web do repositorio de boas prácticas financiadas co Pacto de Estado.
O material incluído como boa práctica é o folleto que formaba parte da campaña gráfica de sensibilización e información sobre violencia de xénero contra a muller que fixemos, a parte de organizar un obradoiro de autodefensa que impartiu o policía nacional D. José Rosales.
O repositorio de boas prácticas pódese consultar na web do ministerio.
E aquí pódese ver o folleto da Illa incluído como boa práctica.
Elaboración propia de Xeneme.
Na páxina web da Concellería de Muller, mullerarousa.org pódese consultar o I Plan de Igualdade da Illa de Arousa, que foi o inicio do plan de acción de proxectos para muller.
Tanto a web como o I PIOM, tamén son traballos feitos por Xeneme.
#pactodeestado #violenciadexenero #innovacióncidadá #creatividade #participación #empoderamento #muller