top of page

CACHARAGE AGAINST THE MACHINE

  • Foto del escritor: Diego Parajó Naveira
    Diego Parajó Naveira
  • 25 may 2024
  • 3 Min. de lectura

Actualizado: 7 oct 2024

Un encontro para cacharrear con sintetizadores.




Cacharage Against the Machine foi unha iniciativa creada dentro das accións de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de Xeneme, en colaboraci´on coa Escola Unitaria, os Estudios Potemkin, a escola WAX!- cultura Dj e D. Chus Silva. Este microevento en - EDICIÓN ZERO - serviu como espazo para conectar a persoas interesadas na creación musical a través de máquinas (sintetizadores, samplers, pedais FX, loopers, secuenciadores, caixas de ritmos, groove boxes...) e tecnoloxías musicais.


Organizado como un exploratorio sonoro (explora + laboratorio), promoveu o intercambio de coñecementos e a colaboración entre músicos e afeccionados ás tecnoloxías musicais, tanto profesionais como amateurs.


Este proxecto estivo orientado a ofrecer un lugar onde os asistentes puideran experimentar, aprender e compartir nun ambiente colaborativo e divertido. A estrutura do evento favoreceu a interacción directa entre participantes, facilitando que calquera puidera achegarse e mostrar as súas creacións ou intercambiar equipos musicais.





A importancia de Cacharage Against the Machine radica na súa capacidade para unir cultura, tecnoloxía e participación social. Estes eventos son cruciais para democratizar o acceso á música en xeral e ás tecnoloxías musicais en particular, proporcionando espazos accesibles e inclusivos onde a creatividade pode florecer.


Desde un punto de vista social e cultural, proxectos coma este promoven a interacción comunitaria, reforzan lazos sociais e fomentan o desenvolvemento de novas redes culturais arredor da música, a cultura e a tecnoloxía.



A nivel educativo, Cacharage Against the Machine permitiu aos asistentes aprender mediante a práctica, compartindo coñecementos e experiencias nun ambiente de experimentación libre. Isto fomenta a creatividade e a aprendizaxe compartida, especialmente para aqueles que queren comezar na creación musical con máquinas, mais non dispoñen de espazos tradicionais para formarse.



A súa estrutura como un laboratorio participativo encarna un novo modelo de innovación cultural, no que o intercambio de ideas é tan importante como o produto final. Isto engade valor á participación comunitaria, mostrando que a música feita con máquinas pode ser tanto un proceso colectivo como individual.





Xeneme participamos na creación e desenvolvemento deste proxecto, aplicando os coñecementos adquiridos en múltiples talleres de innovación social e tecnolóxica para deseñar un evento aberto e inclusivo.


A través das nosa accións de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), contribuímos co noso voluntariado corporativo.



Cacharage Against the Machine é:
  • É un encontro para cacharrear. 

  • Esta será nnha edición 0.

  • É un laboratorio.

  • É un exploratorio.

  • É unha JAM.

  • Para divertirse e conectar con outras persoas.

  • É, polo tanto, un evento de pequeno formato que facilita a conversa e o intercambio de ideas. É, na liña da Unitaria, un lugar para aprender. Aprender facendo e aprender compartindo.

  • É un convivio de persoas amadoras das máquinas de facer música.

  • É un proceso de democratización cultural.

Cacharage Against the Machine non é:

  • Non é un evento con cabezas de cartel.

  • Non é un evento de vangardas electrónicas (que si de xente vangardista).

  • Non ten, en principio, nomes recoñecidos na esfera de máquinas musicais.

  • Nin é unha pista de baile, ainda que se poida bailar.

Cacharage Against the Machine será:

Deberá ser un proceso. Un camiño. Para ir definindo seguintes pasos. Se cadra medra, ou non. Poderá ser un tempo concreto para que esas comunidades creadoras teñan un espazo laboratorio-exploratorio-residencial onde crear-mesturar-mostrar. Podería ser unha cita cíclica.

Será un concepto iniciático, onde calquera poida achegarse a propoñer e mostrar. Facilitar que o proceso sexa participado garantirá a súa sostibilidade.

Cacharage Against the Machine morrerá:

  • Cando deixe de ter utilidade.

  • Cando non sexa divertido.

  • Cando pretenda competir con outras propostas festivaleiras.

Edición zero

Cacharage Against the Machine é un exploratorio sonoro. Unha quedada aberta para persoas amadoras das musica feitas con máquinas. Para as que trebellan e para as que escoitan. Para as que comezan e para as que teñen callo de tanto pote.

Tamén será un espazo de intercambio de aparatos, musicais ou ruidísticos de segunda man onde mercar, vender e trocar eses trebellos do diaño.







PROXECTO REALIZADO EN REDE CON:







bottom of page