top of page

SOIDADE: Novos enfoques fronte á soidade non elixida.


SOIDADE foi un proxecto de exploración urbana desenvolto de maneira colaborativa por Xeneme e BenCuriosa, dúas entidades galegas de economía social, dentro do laboratorio de innovación social e innovación cidadá de A Coruña (Co-Lab).


SOIDADE naceu cunha intención moi concreta: Atender ao desafío da SOIDADE nas cidades do século XXI, a través da diagnose da situación das persoas maiores en relación á soidade non escollida, para buscar ideas innovadoras que melloraran a súa situación.



SOIDADE foi un camiño con varias etapas. Un proceso de exploración, reflexión e aprendizaxe colectivo sobre como abordar o problema da soidade non escollida e unha oportunidade para pensar, crear e prototipar.


Para iso, Xeneme e BenCuriosa desenvolvimos ao longo do tempo sesións de deseño colaborativo e puxemos en común ideas e propostas. Este proceso permitiunos pensar esta problemática social desde o plano cultural, artístico e do deseño e atopar novas posibilidades, máis próximas á innovación e á creatividade que ao asistencial. Pero tamén nos axudou a mover o foco: da atencións ás persoas maiores a outras situacións de soidade vital ás veces menos evidentes, como a das persoas migrantes, en situación de desemprego ou precariedade, con discapacidades, víctimas de violencia de xénero,…



O proxecto SOIDADE medrou ao incorporarse e desenvolverse dentro do CoLab do Concello da Coruña, podes ver máis información na entrada individual de Soidade CoLab A Coruña. Na súa seguinte fase, co financiamento da Deputación de Coruña, estableceuse un espazo dixital para recoller esas experiencias que se foron localizando.


 

Podes coñecer máis do proxecto en:

Páxina web do proxecto SOIDADE - soidade.gal

http://colab.coruna.gal/soidade/

#soidade #laboratorio #participación #cidadanía #innovación #maiores #axendaurbana


 

Soidade desenvolveuse en rede con http://bencuriosa.gal/

bottom of page